Get a site

Outra perspectiva en asesoramento xurídico!

Solucións xurídicas á medida das persoas.

Suspendisse fermentum odio

Un enfoque diferente en asesoría.

Image A Sensu Contrario é unha equipa de profesionáis adicada a facilitar solucións e respostas xurídicas á medida das persoas. Como o seu nome suxire, o cometido deste proxecto é o de aportar dende a Galiza un enfoque diferente, distinto, amplo, aberto e contrario; ou o que é o mesmo: alternativo ao modelo de asesoramento legal dominante.

E de feito, resulta innegábel que os entornos legáis profesionalizados, tal e coma hoxe os coñecemos, se ven afectados integralmente por toda unha serie de viciadas dinámicas que rematan sempre por lesionar de xeito grave o lexítimo exercicio dos direitos da cidadanía = nós.

Por mor delo, tod@s nós levamos anos sufrindo menoscabos continuos derivados de: exceso de burocracia, falta de orientación, información privilexiada, costas inxustificábleis, trámites absurdos e un longo etcétera.

Porén, presentamos a nosa proposta de servizos de asesoramento legal coma unha opción de traballo alternativa baseada nunha serie de criterios fundamentáis que consideramos ineludíbleis no noso exercicio profesional.

Estamos seguros de que moitas persoas toparán interesante este plantexamento pois supón algo que, non por evidente, resulta común. Lamentablemente, a organización social vixente obriga a que tod@s teñamos que procurar, máis tarde ou máis cedo, solucións concretas no ámbito dunha legalidade que rara vez é sinónimo de xustiza, po-lo tanto propoñemo-nos ofrecelas dende unha perspectiva co-xestionaria que non esqueza que por riba do normativo están as propias persoas. Esa é a nosa aposta.