A Sensu Contrario
Outra perspectiva en asesoramento xurídico!
Solucións xurídicas á medida das persoas.
Suspendisse fermentum odio
Traballando coas persoas.
O noso traballo xurídico coas persoas abrange diversas áreas, ben en cuestións xenéricas:
- Incapacidades: tutelas, curatelas, medidas urxentes.
- Adopcións: rexistro civil, filiación.
- Acollementos: control da actuación administrativa.
- Nacionalidade: recuperación, vecindade.
- Inmigración: residencia, traballo, expulsións.
- Conflictos familiares.
- Colectividades: fundacións, sociedades, asociacións.
ou ben en aspectos máis específicos coma os laboráis:
- Despidos: nulos, disciplinarios, obxetivos, improcedentes.
- Reclamacións: Salarios, vacacións, extras, mobbing, cesión ilegal.
- Conciliacións.
ou situacións problemáticas de diversa índole:
- Procesos penáis.
- Consumo: tutelas, curatelas, medidas urxentes.
- Sancións: seguridade cidadá, vehículos.
- Accidentes: lesións, danos materiais, morais.
Criterios fundamentáis:
- Unha resposta axeitada á realidade das persoas involucradas nun proceso legal.
- Unha actuación respetuosa cos direitos individuáis e colectivos, cunha especial incidencia na consideración á dignidade humán, ao medio ambiente, á igualdade, á horizontalidade e ao interese común.
- Unha relación laboral e económica normalizada, onde o prezo final da xestión sexa o resultado directo e proporcional do traballo acometido; desterrando así a indeterminación da minuta e os cobros xenéricos.
- Unha simplificación dos trámites legáis, potenciando a formación e participación do/a cliente na adopción de decisións e na procura de solucións ao seu proceso.
- Un uso axeitado das novas tecnoloxías que facilite o achegamento aos servizos administrativos e ferramentas legáis, cunha reducción da burocracia e do papeleo.
- Un enfoque ideolóxico na resolución dos conflictos, primando no acordo final factores ambientáis, persoáis e políticos fronte aos patrimoniáis, coxunturáis, ou calesqueira outros que impoñan resultados inxustos, incoherentes e incompatibléis coa normal convivencia entre as persoas.
Se tes interese en comunicarte connosco pode-lo facer achegándote á nosa páxina de contacto.